Declaración ambiental
Pode descargarse a declaración ambiental homolagada en pdf (Español).
Política ambiental
FESAN comprométese a:
- Incorporar á súa xestión diaria determinadas actuacións que axuden a mellorar de maneira continua o comportamento ambiental garantindo un desenvolvemento sostible do noso entorno mediante a implantación e mantenemento dun Sistema de Xestión Ambiental e do cumplimento de esta política Ambiental.
- Cumprir con tódala legislación vixente en materia Ambiental. Non só comprometémonos a cumprir aqueles requisitos relacionados coa prevención da contaminación, a mellora continua ou o cumprimento da lexislación, sinon tamén tódolos aqueles requisitos que a organización suscriba.
- Establecer, manter, revisar e modificar os obxetivos e metas ambientais coa finalidade de mellorar continuamente o comportamento ambiental da empresa.
- Asegurar a posta en marcha das mellores prácticas ambientais nas operacións internas para previr os posibles efectos negativos da nosa actuación.
- Formar, sensibilizar e involucrar en materia ambiental ao persoal, atendendo ao seu nivel de responsabilidade e actividade desenvolvida, proporcionándolle os conocimentos precisos que permitan a implantación e a observancia das boas prácticas ambientaís. É preciso involucrar a todo o noso equipo humano na mellora continua da calidade ambiental.
- Realizar revisións ambientais regulares do Sistema de Xestión Ambiental e do noso comportamento respecto os obxetivos e metas establecidos para asegurar a súa adecuación e eficacia continuadas.
- Dedicar os medios máis apropiados para buscar unha solución as necesidades ambientais de tódolos nosos clientes a través da formación ofrecida.
- Colaborar con entidades públicas e privadas para favorecer a preservación do medio ambiente.
Santiago de Compostela a 29 Setembro do 2007
A Dirección

Descargarse esta política ambiental en pdf.








