Os alumn@s do CS de Educación Infantil de 2º do CPR FESAN de Lugo, fixeron unha visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti donde interpretaron os contos adaptados a infantil sobre os dereitos dos nenos. O primeiro titulábase “ A nena sen nome” e o segundo “ Nin lilas nin laranxas”. O primeiro defende o dereito de todo neno/a a ter identidade propia e o segundo trata sobre a igualdade de todos os nenos/as sen facer distinción entre razas, cultura, relixión ou discapacidade.
Estas representacións axudaron a que os nenos/as da planta de pediatría deste hospital, pasaran unha xornada máis amena e diferente. Esta actividade foi posible gracias á colaboración do servizo de humanización do HULA que nos facilita en todo momento poder realizar alí as actividades que levamos a cabo ao longo do curso escolar.