- Con este curso, o alumno poderá desenvolver a sua actividade profesional no ámbito público e privado, nas áreas de organización, animación e dinamización das actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. As áreas de actividades son: actividades socioeducativas de tempo libre, actividades de tiempo libre en servizos educativos dentro e fora do marco escolar. Poderán desenvolver a sua competencia en cualquer organización que contemple a realización de programas de dinamización de tempo libre educativo infantil e xuvenil no marco dun proxecto educativo.
Modalidade
- Curso presencial
- Curso de teleformación (pendente de homologación SEPE)
Duración
- 410 horas (290 teóricas + 120 prácticas)
Homologación
- Cada un destes módulos está homologado por la Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria e son válidos en todo o territorio Nacional.
Requisitos de acceso
- Título de Bacharelato.
- Certificado de profesionalidade do mesmo nivel.
- Proba de acceso ao ciclo formativo de grao superior.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 e/ou 45 años.
Modalidade
- Curso presencial
Existe un cronograma para o curso onde se establece a planificación dos módulos teórico /prácticos, así como o módulo de prácticas en empresas.
Neste proceso de ensinanza/aprendizaxe combinanse explicacións teóricas con casos prácticos, traballos en equipos, exposicións e outros métodos de traballo na aula, ademais das avaliacións pertinentes, en base ao establecido no programa oficial publicado. (RD 1096/2011 de 22 de julio de 2011).
Cada alumno/a debe realizar un exame por unidade formativa ou módulo formativo (aqueles que non teñan unidades formativas).Débese superar cada un dos módulos formativos para poder superar o curso completo e poder solicitar o certificado de profesionalidade.
Para superar con éxito o curso de certificado de profesionalidade será necesario asistir como mínimo ao 75 % das horas lectivas de cada módulo e superar con éxito todas as avaliacións teóricas e prácticas efectuadas ao longo da acción formativa. Aqueles alumnos/as que teñan superado únicamente parte dos módulos formativos tenrán unha acreditación da “Consellería de Economía, Emprego e Industria” que lle certifique os módulos superados, pero deben cursar novamente os módulos pendentes antes de solicitar o certificado de profesionalidade.
Diploma
- Unha vez finalizadas as accións formativas e superados con éxito tódolos módulos do certificado de profesionalidade solicitaranse á “Consellería de Economía, Emprego e Industria” as acreditacións da acción formativa para que cada alumno/a poida proceder á solicitude do certificado de profesionalidade.
- Para tramitar o certificado de profesionalidade deberá presentar na “Consellería de Economía, Emprego e Industria” a documentación especificada no seguinte enlace: http://traballo.xunta.es/solicitude-de-certificado-de-profesionalidade
Contacto
Teléfono: 981 534020
E-mail: info@fesan.org
Lugar de impartición
- FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Programa
- MF1869_3: Planificación, organización, xestión e avaliación de proxectos educativos de tempo libre infantil e xuvenil. (120 horas):
• UF1947: Contextualización do tempo libre infantil e xuvenil no entorno social. (50 horas)
• UF1948: Programación, execución e difusión de proxectos educativos no tempo libre. (70 horas)
- MF1867_2: Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil. (30 h)
- MF1868_2: Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre. (60 h)
- MF1870_3: Coordinación e dinamización do equipo de monitores de tempo libre. (80 h)
- MP0410: Módulo de prácticas profesionais non laborais de: Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (120 horas)
(Cada módulo pode realizarse de forma independente. Consúltalo en Formación Modular)
- Cada módulo de este curso pode realizarse de forma independente. Consúltao en Formación Modular.
- Consulta próximas convocatorias.
- A consultar.