CS Educación Infantil

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1615 horas no centro educativo e 385 horas en centros de traballo)
Obxectivos
  • A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil. Este deseño realízase no ámbito formal, consonante á proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra, coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
Contidos
  • Didáctica da educación infantil.
  • Autonomía persoal e saúde infantil.
  • O xogo infantil e a súa metodoloxía.
  • Expresión e comunicación.
  • Desenvolvemento cognitivo e motor.
  • Desenvolvemento socioafectivo.
  • Habilidades sociais.
  • Intervención con familias e atención a menores en risco social.
  • Primeiros auxilios.
  • Formación e orientación laboral.
  • Empresa e iniciativa emprendedora.
  • Proxecto de atención á infancia.
  • Formación en centros de traballo.
  • Estas persoas exercerán a súa actividade no sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
  • As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas.

Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais.

Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.

Máis información