2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)
Descrición
A competencia xeral deste ciclo atende a: Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.
Contidos
- Xestión de mostras biolóxicas
- Técnicas xerais de laboratorio
- Bioloxía molecular e citoxenética
- Fisiopatoloxía xeral
- Formación e orientación laboral
- Análise bioquímica
- Técnicas de inmunodiagnóstico
- Microbioloxía clínica
- Técnicas de análise hematolóxica
- Empresa e iniciativa emprendendora
- Proxecto de laboratorio clínico e biomédico
- Formación en centros de traballo
Exercer a actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación.
As ocupacións e os postos máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a especialista en laboratorio
- Axudante técnico en laboratorio de investigación e experimentación
- Axudante técnico en laboratorio de toxicoloxía
- Delegado/a comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos
Máis información
Decreto 77/2016 do 28 de abril