CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior

2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)

Descrición

A competencia xeral consiste en procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico – legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.

Contidos
  • Xestión de mostras biolóxicas
  • Técnicas xerais de laboratorio
  • Bioloxía molecular e citoxenética
  • Fisiopatoloxía xeral
  • Formación e orientación laboral
  • Necropsias
  • Procesamento citolóxico e tisular
  • Citoloxía xinecolóxicas
  • Citoloxía xeral
  • Empresa e iniciativa emprendendora
  • Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico
  • Formación en centros de traballo

Exercer a actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación.

As ocupacións e os postos máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Citotécnico
  • Axudante de forense
  • Prosector/ora de autopsias clínicas e médico – legais
  • Tanatopractor/a
  • Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular
  • Colaborador/ora e asistente de investigación
Máis información

Decreto 83/2016 do 4 de maio