A Fundación de Estudios e Análises (FESAN) nace en 1997 co obxectivo de proporcionar formación que facilite a inserción laboral e o aumento da capacitación dos traballadores e traballadoras da nosa comunidade. Así, procuramos presentar unha oferta formativa actualizada e adaptada ás necesidades do actual mercado laboral.
Perseguindo este obxectivo, en 2003 crea o Centro Privado FESAN (CPR FESAN) en Santiago de Compostela, no que se imparten ciclos de Formación Profesional da familia de Servizos Socioculturais e a Comunidade. Incorporando, dende 2014, unha oferta máis ampla de ciclos, concretamente da familia de Sanidade.