O que ven caracterizando, ao longo destes anos, ao noso centro é a formación que ofrecemos. Proporcionamos unha formación moi práctica que permite aos nosos alumnos e alumnas achegarse o máximo posible ao mundo laboral. Actualmente a nosa entidade xestiona máis de 30 centros infantís e de atención ao maior, e asinou convenios de colaboración realizados con máis de 200 empresas do sector o que garante unha formación privilexiada para acadar a inserción laboral.

Docencia: profesionais con ampla experiencia e coñecemento do sector serán os que impartan cada un dos módulos correspondentes dos ciclos. Así, cóntase cun equipo de docentes implicados nunha formación eficaz e unha educación de calidade.

Actividades: ao longo destes anos vimos desenvolvendo, en colaboración con outras entidades e institucións, diferentes accións, tales como Obradoiros de Nadal, Mercados Solidarios, Obras de Teatro, … coas que os alumnos non só adquiren experiencias que contribúen a súa madurez, senón que tamén axudan a forxar persoas máis solidarias e comprometidas coa sociedade.

Visitas e charlas: co fin de garantir unha formación práctica coa que os futuros profesionais comproben a realidade no sector e vexan de primeira man o seu futuro profesional.

Bolsa de emprego: o contacto directo do noso centro con distintas entidades facilitará o recrutamento e selección dos futuros traballadores. Feito que se constata no estudo realizado a antigos alumnos do centro.

Inserción laboral: segundo o estudo realizado aos alumnos e alumnas do centro que remataron os seus ciclos no 2012, podemos destacar unha gran inserción laboral tal e como era o seu desexo cando realizaron a matrícula con nós. Un 90 % conseguiu o seu primeiro emprego.

atopar-emprego

 

Acceso a titulacións universitarias: outro dos datos salientables do estudo realizado no curso 2012 é que o 100 % do alumnado ingresou na carreira que sempre desexou unha vez finalizado o ciclo superior que lle dou o acceso.

acceso-universidade