O obxectivo principal que perseguimos no noso centro é ofrecer ao alumnado unha educación de calidade.
Por este motivo, ofertamos unha ensinanza adaptada e orientada a cada individuo, as súas características e as súas necesidades, ofrecendo unha constante acción titorial.
A filosofía que destaca no noso centro responde a ofrecer ao alumnado unha formación próxima ao mundo laboral, adquirindo unha cualificación profesional axustada á realidade laboral. O contacto directo coas empresas do contorno facilitará o alcance dos obxectivos propostos, mellorar a formación, a cualificación e o desenvolvemento persoal dos estudantes que inician a súa profesionalización nos ámbitos e sectores que ofrecemos. Achegar aos estudantes a esta realidade laboral supón darlle a oportunidade de converterse en grandes profesionais dentro da súa especialidade, sendo unha aposta firme por unha formación con persoal especializado, experto tanto na rama dos servizos socioculturais e a comunidade como na rama sanitaria.
Para desenvolver esta iniciativa, contarase cunha metodoloxía activa e participativa onde o alumno poda desenvolverse en toda a súa plenitude con creatividade e emprendemento a través do traballo en equipo, cun espírito crítico e cun papel destacable na toma de decisións.
Con todo isto, a Formación Profesional que ofrecemos convértese nunha opción atractiva, de calidade e adaptada ás necesidades, tanto formativas como profesionais.