A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca cada ano os Premios Extraordinarios para os titulados en Formación Profesional de Grao Superior.
O obxecto desta convocatoria é recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente rendemento académico estudos de formación profesional de grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os requisitos de participación son:
- Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
- Ter 18 anos, para as persoas que teñen aprobado un Ciclo Formativo de Grao Medio da mesma Familia Profesional (ou Familias Profesionais afíns regulamentariamente establecidas)
O alumnado premiado recibirá un premio en metálico e poderá optar aos premios Nacionais de Formación profesional de grao superior.
Máis información:
- https://www.edu.xunta.es/premiosfp/
- ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2012/13. (DOG 28/02/2014)