Adquirir coñecemento dos procesos e procedementos que se deben adoptar para levar a cabo un proceso de coaching, así como dos diferentes tipos de coaching.
Modalidade
Curso online
Duración
70 horas
Modalidade
• Curso Online
Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.
Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.
Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020
TEMA 1: DESENVOLVEMENTO PERSOAL: CLAVES DO COACHING
TEMA 2: IMPLEMENTACIÓN DO PROCESO
TEMA 3: PLANS DE MELLORA E SEGUIMENTO
Total
91 €