Cursos

Técnicas basicas de primeiros auxilios (AFDP021P0)

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 20 horas

Aplicar as técnicas básicas de primeiros auxilios en diferentes situacións nas que se poidan producir hemorraxias, traumatismos, queimaduras, asfixia e afogamento, partindo dos elementos que se poden atopar nun botiquín, e realizando un adecuado exame das posibles vítimas.

Modalidade
Curso a distancia

Duración
20 horas

Modalidade

• Curso Online

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

1. Principios xerais e obxectivos dos primeiros auxilios
2. Exploración de vítimas
3. Técnicas básicas de soporte vital
4. Sangrado
5. Traumatismos
6. Vendas
7. Queimaduras
8. Asfixia e afogamento
9. Composición do kit de emerxencia

Total
26 €