O obxectivo deste curso é comprender a importancia da idea de igualdade no ámbito social actual, coñecer a normativa vixente en materia de igualdade e violencia de xénero, identificar os Plans de Igualdade e as consecuencias da súa execución e reflexionar sobre os beneficios da conciliación familiar.
Modalidade
• Curso Online
Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.
Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.
Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020
UD 1. Concepto de igualdade e marco conceptual
UD 2. Normativa vixente en materia de políticas de igualdade de xénero
UD 3. Igualdade de oportunidades das mulleres
UD 4. A conciliación da vida laboral e familiar
UD 5. Situación actual da participación das mulleres
UD 6. Plans de igualdade
UD 7. Novo contrato social mulleres-homes
Total
80 €