CS Documentación e Administración Sanitarias

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)
Descrición
  • A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitario.
Contidos
  • Arquivamento e documentación sanitarios
  • Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias
  • Extracción de diagnósticos e procedementos
  • Ofimática e proceso da información
  • Terminoloxía clínica e patoloxía
  • Formación e Orientación Laboral
  • Codificación sanitaria
  • Sistemas de información e clasificación sanitarios
  • Validación e explotación de datos
  • Xestión administrativa sanitaria
  • Xestión de pacientes
  • Proxecto de DAS
  • Formación en centros de traballo

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria.
  • Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas.
  • Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario.
  • Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria.
  • Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria.
  • Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos.
  • Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios.
  • Asistente de equipos de investigación biomédica.
  • Secretario/a de servizos sanitarios.
Máis información
  • DECRETO 96/2016, do 19 de maio