- 2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)
Descrición
- A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólogo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.
Contidos
- Estudo da cavidade oral
- Exploración da cavidade oral
- Fisiopatoloxía xeral
- Intervención bucodental
- Recepción e loxística na clínica dental
- Formación e Orientación Laboral
- Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes
- Educación para a saúde oral
- Epidemioloxía en saúde oral
- Primeiros auxilios
- Prótese e ortodoncia
- Empresa e iniciativa emprendedora
- Proxecto de Hixiene Bucodental
- Formación en centros de traballo
Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en hixiene bucodental.
- Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental.
- Educador/ora en saúde bucodental.
Máis información
- DECRETO 86/2016, do 4 de maio