- Con este curso o alumno poderá desenvolver a súa actividade profesional no sector da prestación de servizos sociais a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente en institucións de carácter social.
Modalidade
- Curso presencial
- Curso de teleformación (pendente de homologacion SEPE)
Duración
- 450 horas
Homologación
- Curso homologado pola Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar e válido en todo o territorio Nacional.
Requisitos de acceso
- Graduado en Educación secundaria obrigatoria (ESO)(LOXSE e LOE)
- 2º de BUP ou cun máximo de dúas materias pendentes entre os dous cursos.
- Ciclo Formativo de grao medio
- FP 1
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 anos
- Probas de competencias clave nivel 2
- Certificado de nivel 1 da mesma familia e área profesional
Modalidade
- Curso presencial
Existe un cronograma para o curso onde se establece a planificación dos módulos teórico /prácticos, así como o módulo de prácticas en empresas.
Neste proceso de ensinanza/aprendizaxe combínanse explicacións teóricas con casos prácticos, traballos en equipos, exposicións e outros métodos de traballo en aula, ademais das avaliacións pertinentes, en base ao establecido no programa oficial publicado. (RD 1096/2011 de xullo de 2011).
Cada alumno/a debe realizar un exame por unidade formativa ou módulo formativo (aqueles que non teñan unidades formativas). Debese de superar cada un dos módulos formativos para poder supera o curso completo e poder solicita o certificado de profesionalidade.
Para superar con éxito o curso de certificado de profesionalidade será necesario asistir como mínimo ao 75 % das horas lectivas de cada módulo e superar con éxito todas as avaliacións teóricas e prácticas efectuadas ao longo da acción formativa. Aqueles alumnos/as que teñen superado unicamente parte dos módulos formativos terán unha acreditación da Consellería de Traballo e Benestar que lle acredite os módulos superados, pero deben cursar de novo os módulos pendentes antes de solicitar o certificado de profesionalidade.
Diploma
- Unha vez rematada a acción formativa e superados con éxito todos os módulos do certificado de profesionalidade, solicitaranse a Consellería de Traballo e Benestar as acreditacións da acción formativa para que cada alumno/a poida proceder a solicitude do certificado de profesionalidade.
- Para tramitar o certificado de profesionalidade deberá presentar ante a Consellería de Traballo e Benestar a documentación especificada no seguinte enlace: http://traballo.xunta.es/solicitude-de-certificado-de-profesionalidade
Contacto
Teléfono: 981 534020
E-mail: info@fesan.org
Lugar de impartición
- FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Obxectivos
- Coa realización deste curso o alumno estará capacitado para atender a persoas dependentes, no ámbito sociosanitario, na institución onde se desenvolve a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.
Contidos
- MF1016_2 Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional.
- MF1017_2 Intervención na atención hixiénica/alimentaria en institucións.
- MF1018_2 Intervención na atención sociosanitaria en institucións
- MF1019_2 Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións.
- Cada módulo deste curso pode realizarse de forma independente. Consúltao en Formación Modular.
- Cosulta próximas convocatorias
Total
- 940€
- Pódese pagar en 2 prazos