- Este curso ten como obxectivo principal adquirir os coñecementos e capacidades necesarias para o desenvolvemento das actividades relacionadas co ámbito da dirección e xestión de persoas en entornos organizativos.
Modalidade
- On line con prácticas en empresa
Duración
- 360 horas (210h on line e 150h prácticas)
Modalidade
- Curso on line con prácticas
Parte on line: Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso. Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.
Prácticas en empresa: Este curso establece un módulo de prácticas en empresas que o alumno/a realizará unha vez rematada a parte teórica do curso.
FESAN será o responsable de facilitar ao alumnado unha listaxe de centros onde poder desenvolver o seu módulo práctico, que será na medida do posible, adaptado as necesidades de cada alumno/a en función do lugar de residencia, dispoñibilidade horaria... Unha vez seleccionado o centro de prácticas, o alumno comunicarao ao coordinador do curso, cunha antelación mínima de 15 días, para que dende FESAN se proceda a asinar o convenio de prácticas co centro e contratar o seguro de accidentes e responsabilidade civil do alumno.
Diploma
- Para que o alumno acade a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición vinculados á parte on line. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.Debe presentar tamén o certificado emitido polo titor do centro de prácticas de ter completada a formación práctica para a emisión do Diploma do curso.
- O diploma poderá recollerse nas instalación de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse ao enderezo indicado polo alumno.
Contacto
- Contacto co titor:
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020
Obxectivos
- Coa realización da parte teórica e práctica deste curso preténdese que o alumno gañe formación e experiencia que fomente o seu desenvolvemento laboral na área de recursos humanos en empresas.
Contidos
- TEMA 1. Contratación laboral
- TEMA 2. Apoio administrativo a xestión de recursos humanos
- TEMA 3. Comunicación efectiva e traballo en equipo
- TEMA 4. Función do mando intermedio na prevención de riscos laborais
Total
- 273€
- Posibilidade de pagamento fraccionado en dous prazos
- 50% coa formalización da matrícula
- 50% antes de finalizar a formación teórica
- Formación bonificable gratuíta para traballadores.