Cursos

Mantemento hixiénico-sanitario de instalacións con risco frente á lexionella

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 25 horas
  • Tipo de curso: Especialización
  • O obxectivo deste curso e o de ensinar ao alumno como previr e que riscos ten a lexionella, como se propaga e cales son os factores de riscos.
Modalidade
  • Curso presencial
  • Mixto
Duración
  • 25 horas (presencial)
  • 10 horas (2 horas presenciais e 8 online)
  • 25 horas (5 horas presenciais e 20 online)
Homologación
  • Curso Homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia. Entidade Autorizada co Nº de Rexistro: 159/Ga
Modalidade
  • Curso On Line
    Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
    A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
    Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

 

  • Curso presencial

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrícula, a data de inicio e horario do curso.

O día do inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimiento das sesións presencias e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas e de avaliación.

Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portáctil como elementos de apoio das exposicións.

Diploma
  • Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo da formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.
Contacto

Teléfono: 981 534020

E-mail: info@fesan.org

Lugar de impartición
  • FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Contidos
  • TEMA 1. Importancia sanitaria da lexionelose.
  • TEMA 2. Ámbito lexislativo.
  • TEMA 3. Criterios xerais de limpeza e desinfección.
  • TEMA 4. Saúde pública e saúde laboral.
  • TEMA 5. Instalacións de risco incluídas no ámbito de aplicación do real decreto 856/2003.
  • TEMA 6. Identificación de puntos críticos. elaboración de programas de control.
  • TEMA 7. Prácticas.
  • TEMA 8. Avaliación.

 

Total
  • A consultar
Descontos
  • Formación bonificable gratuíta para traballadores