- O obxectivo deste curso é que o alumno poida desenvolver a súa actividade profesional no sector da dirección e administración de centros ou institucións xeriáticos, de atención social e de atención á discapacidade, estando capacitado para a dirección e administración dos mesmos.
Modalidade
- Curso online
Duración
- 300 Horas
Modalidade
- Curso online
Parte teórica: Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a e enviaralle ao seu domicilio o material do curso: programa, cronograma, manual, caderno de exercicios e actividades. FESAN poñerá a disposición do alumnado un titor de referencia que lle informara sobre calquera incidencia no desenvolvemento do curso e resolverá as dubidas que lle poidan xurdir en canto aos contidos e actividades do mesmo. Neste proceso de ensinanza – aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así o alumno/a unha ampla flexibilidade para acadar a formación.
Diploma
- Para que o alumno acade a cualificación de “apto” será imprescindible que complete todalas actividades da plataforma.
- O diploma poderá recollerse nas instalación de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse ao enderezo indicado polo alumno.
Contacto
- Datos de contacto co titor:
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020
- Envío de documentación:
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Enderezo: FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Obxectivos
- Coa realización deste curso o alumno afondará nos contidos relativos á dependencia, achegándose á lexislación que a regula. Coñecerá tamén as principais características dos centros de atención sociosanitara a persoas dependentes, estando capacitado para ofrecer pautas xerais de xestión laboral dos mesmos, e presentando as distintas competencias de liderado e profesionais que debe posuír o seu director ou directora.
Contidos
- TEMA 1. Ámbito psicosocial. O envellecemento, a discapacidade e a dependencia.
- TEMA 2. Necesidades, habilidades e capacidades das persoas maiores e con discapacidade
- TEMA 3. Proxecto de intervención; O PAI ( O plan de atención individual).
- TEMA 4. Protección xurídica, garantía dos dereitos das persoas dependentes e aspectos éticos. A relación coas familias.
- TEMA 5. O sistema de prestacións ás persoas maiores e discapacitadas. O sistema de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia. Evolución e funcionamento.
- TEMA 6. Xestión técnica dos servizos de atención a persoas maiores, discapacitadas e dependencia.
- TEMA 7. Sistema de calidade e boas prácticas.
- TEMA 8 Habilidades directivas, liderazgo e traballo en equipo. Marketing e comunicación.
Bolsa de traballo
- Posibilita acceso a bolsa de traballo dos centros Servisenior.
Total
310 €
Financiación
Posibilidade de pagamento fraccionado