Cursos

Técnicas de comunicación con persoas dependentes

  • Modalidade: online
  • Duración: 50 horas
  • Tipo de curso: Monográfico Sociosanitaria
  • O obxectivo deste curso e que o alumno chegue a dominar a comunicación na relación de axuda que se instaura cunha persoa con dependencia.
Modalidade
  • Curso online
Duración
  • 50 horas

Modalidade
Curso On Line

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma

• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están á súa disposición. Ademáis deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a evaluación do curso.
• O diploma poderá recollerse na instalación de FESAN, nun plazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

Contidos

TEMA 1: Mellora do proceso de comunicación. Características.

      1. Proceso de comunicación. Características
      2. Barreiras na comunicación, interferencias e ruidos
      3. Pautas para mellorar a comunicación co usuario: claridade, simplicidade, atención, empatía.
      4. Técnicas básicas de comunicación non verbal
      5. Adaptación do léxico da institución ás características do usuario
    6. Comunicación cos familiares e o entorno do usuario

TEMA 2: Utilización de técnicas de comunicación alternativa e aumentativa
7. Necesidades especiais de comunicación
8. Estratexias e recursos de intervención comunicativa
9. Sistemas alternativos de comunicación
1. Concepto e clasificación
2. Uso do vocabulario básico da atención sociosanitaria en institucións de atención social nas linguaxes
alternativas usuais: BLISS, SPC E LSE
3. Axudas técnicas para a comunicación alternativa e aumentativa
4. Técnicas de comunicación con enfermos de alzheimer

Total
    • 70€