26 Nov 2014
Neste mes de Novembro o curso de Novas Tecnoloxías para a Impartición e Titorización da Formación para o Emprego está en promoción a 120 €. Comezamos hoxe unha edición deste curso pero aínda poderías matricularte ata o 30 de novembro. Se queres consultar información sobre o curso, consulta este enlace: https://www.fesan.org/curso/novas-tecnoloxias-para-a-imparticion-e-titorizacion-da-formacion-para-o-emprego-2/
24 Nov 2014
Hoxe comeza o novo Curso de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes!! Aínda estarías a tempo de realizar a matrícula ata o 4 de decembro de 2014!! Máis información do curso no seguiente enlace: https://www.fesan.org/es/curso/igualdade-de-oportunidades-entre-mulleres-e-homes/
17 Nov 2014
Según se publica nalgúns medios, as oposicións serán en Infantil, primaria, inglés, música, educación física, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. FESAN contan con cursos baremables para educación tanto en infantil como en primaria e secundaria. podes ver os cursos baremables dos que dispón FESAN, no seguinte enlace: https://www.fesan.org/formacion/cursos/baremables-oposicions/
13 Nov 2014
Os alumnos do CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría do CPR FESAN foron de visita esta semana a unha clínica dental para ver as instalacións e os diferentes instrumentais e aparatos que se utilizan. Estas saídas complementan os contidos adquiridos nas nosas aulas.
04 Nov 2014
O pasado xoves celebrouse tanto no centro de Santiago coma no centro de Lugo a festa do Sanmaín. Os alumn@s de Lugo fixeron un desfile de disfraces de Sanmaín e distintos xogos relacionados. Os alumn@s de Santiago realizaron o xogo de “escribiuse un crime” escenificando e investigando un suposto de asasinato. Tanto alumnado como profesorado…
30 Out 2014
No CPR FESAN fíxose un concurso entre todos os ciclos para nomear as aulas do centro seguindo unha temática determinada. Entre as opcións das distintas aulas estaban: nomes de orquestas, prazas de santiago,personaxes históricos, animais galegos, pobos celtas, constelacións, etc. As gañadoras do concurso foron as alumnas do CS de Laboratorio de Diagnóstico Clínico que…
16 Out 2014
Esta semana saiu publicado na prensa, que un novo laboratorio integrado altamente tecnolóxico permitirá xestionar ata 2.300 mostras ao día no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Podedes consultar a noticia publicada na voz de galicia, pinchando aquí.
03 Out 2014
Onte, día 2 de outubro celebrouse no CPR FESAN II de Lugo, a presentación do novo curso escolar 2014-2015. Contamos na presentación co Director do CIFP Politécnico de Lugo, D. Antonio Ibáñez Burgo e cas directoras das 3 escolas infantís que xestionamos en Lugo: San Fiz, Piringalla e a do hospital Lucus Augusti. Todas…
02 Out 2014
Onte, día 1 de outubro comezou en FESAN o curso escolar 2014-2015 contando ca presenza de Mª Eugenia Pérez Fernández, subdiretora Xeral de Formación Profesional. Este ano comezamos cunha nova rama de FP, a de Sanidade, cos ciclos de: – Ciclo Superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínico – Ciclo Superior de Imaxe para o Diagnóstico…
22 Ago 2014
O CPR FESAN de Santiago, xa conta con novos Ciclos de Formación Profesional da Familia de sanidade homologados pola Xunta de Galicia (publicados no DOG num 152 do 12 de agosto de 2014) que se impartirán nas novas instalacións da Calle de Amio 114.