Cursos

Actuacións en primeiros auxilios (AFDP003PO)

  • Modalidade: Online
  • Duración: 50 horas
  • Tipo de curso: Monográficos

Actuar en situacións de emerxencia e aplicar técnicas de primeiros auxilios no entorno de traballo.

Modalidade
Curso Online

Duración
50 horas

Modalidade

• Curso Online

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

PRIMEIROS AUXILIOS E TÉCNICAS DE SALVAMENTO
1.1. Activación do sistema de emerxencia en primeiros auxilios: protexer, avisar e axudar 1.2. Bases anatómico-fisiolóxicas e procedementos diagnósticos
1.3. Consulta cos servizos médicos
1.4. Trastornos do sistema respiratorio
1.5. Trastornos cardíacos e perda de coñecemento
1.6. Queimaduras de orixe física e química
1.7. Hemorraxia, fracturas e feridas. Acción ante unha hemorraxia. Facendo unha vendaxe de man.
1.8. intoxicación
1.9. Golpe de calor. Trastornos por temperaturas extremas.
1.10. Picaduras e mordidas de animais
1.11. Parto de urxencia.
1.12. Principios de administración de medicamentos
1.13. Salvamento e transporte de feridos e enfermos graves
1.14. Técnicas de reanimación cardiopulmonar. Fases de RCP

2. ACTUACIÓN EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA
2.1. Situacións de emerxencia. Clasificación
2.2. Emisións, fugas, vertidos, incendios e explosións
2.3. Sectores produtivos con alta incidencia de situacións de emerxencia
2.4. Consecuencias dos accidentes graves e a súa propagación
2.5. Plans de emerxencia interior
2.6. Plans de emerxencia exterior. Sectores aos que son de aplicación
2.7. Xestión dos plans de emerxencia. grupos de intervención
2.8. Actuación en situacións de emerxencia: contra accidentes, incendios, explosións e intoxicacións.

Total
70 €