Adquirir habilidades para abrir e xestionar unha tenda en internet co programa de código gratuíto "prestashop", así como para colocar as súas categorías, produtos, prezos, imaxes e establecer transportistas e métodos de envío e establecer métodos de pago e pasarelas.
Modalidade
Curso a distancia
Duración
20 horas
Modalidade
• Curso Online
Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.
Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.
Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020
1. PRESTASHOP E E-COMMERCE.
1.1. Introdución a Prestashop e ao concepto de comercio electrónico.
1.2. A tenda Prestashop, primeiros pasos (como a ve o cliente e como é o seu programa de xestión).
2. A TÚA TENDA DENTRO (BACK OFFICE).
2.1. Xestión de produtos e categorías.
2.2. Transporte, transportistas, métodos de envío e distribución por zonas.
2.3. Clientes e pedidos.
2.4. Métodos de pago. Empregados e estatísticas.
3. A TÚA TENDA NO EXTERIOR (Front Office).
3.1. Os módulos, Xestión, configuración, activación.
3.2. Posición do módulo en Front Office, personalización da tenda.
3.3. Os módulos máis importantes. Consideracións finais e peche do curso.
Total
26 €