2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)
Descrición
A competencia xeral consiste en procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico – legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.
Contidos
- Xestión de mostras biolóxicas
- Técnicas xerais de laboratorio
- Bioloxía molecular e citoxenética
- Fisiopatoloxía xeral
- Formación e orientación laboral
- Necropsias
- Procesamento citolóxico e tisular
- Citoloxía xinecolóxicas
- Citoloxía xeral
- Empresa e iniciativa emprendendora
- Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico
- Formación en centros de traballo
Exercer a actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación.
As ocupacións e os postos máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía
- Citotécnico
- Axudante de forense
- Prosector/ora de autopsias clínicas e médico – legais
- Tanatopractor/a
- Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular
- Colaborador/ora e asistente de investigación
Máis información
Decreto 83/2016 do 4 de maio