- 2000 horas (1615 horas no centro educativo e 385 horas en centros de traballo)
Obxectivos
- A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil. Este deseño realízase no ámbito formal, consonante á proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra, coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
Contidos
- Didáctica da educación infantil.
- Autonomía persoal e saúde infantil.
- O xogo infantil e a súa metodoloxía.
- Expresión e comunicación.
- Desenvolvemento cognitivo e motor.
- Desenvolvemento socioafectivo.
- Habilidades sociais.
- Intervención con familias e atención a menores en risco social.
- Primeiros auxilios.
- Formación e orientación laboral.
- Empresa e iniciativa emprendedora.
- Proxecto de atención á infancia.
- Formación en centros de traballo.
- Estas persoas exercerán a súa actividade no sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
- As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas.
Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais.
Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.
Máis información
- Real decreto 226/2008
- Real decreto 38/2010
- http://www.edu.xunta.es/fp/familias-profesionais