CS Hixiene Bucodental

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior
  • 2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)
Descrición
  • A Competencia xeral deste ciclo consiste en: Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólogo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.
Contidos
  • Estudo da cavidade oral
  • Exploración da cavidade oral
  • Fisiopatoloxía xeral
  • Intervención bucodental
  • Recepción e loxística na clínica dental
  • Formación e Orientación Laboral
  • Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes
  • Educación para a saúde oral
  • Epidemioloxía en saúde oral
  • Primeiros auxilios
  • Prótese e ortodoncia
  • Empresa e iniciativa emprendedora
  • Proxecto de Hixiene Bucodental
  • Formación en centros de traballo

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en hixiene bucodental.
  • Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental.
  • Educador/ora en saúde bucodental.
Máis información
  • DECRETO 86/2016, do 4 de maio