CS Imaxe para o Diagnóstico e Mediciña Nuclear

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 2000 horas
  • Tipo de curso: Ciclo superior

2000 horas (1616 teóricas e 384 prácticas)

Descrición

A Competencia xeral deste ciclo consiste en: obter rexistros gráficos, morfolóxicos ou funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo a/o paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.

Contidos
  • Atención ao paciente
  • Anatomía pola imaxe
  • Fundamentos físicos e equipamentos
  • Protección Radiolóxica
  • Formación e Orientación Laboral
  • Técnicas de radioloxía simple
  • Técnicas de radioloxía especial
  • Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía
  • Técnicas de imaxe por resonancia magnética
  • Técnicas de imaxe en medicina nuclear
  • Técnicas de radiofarmacia
  • Empresa e iniciativa emprendedora
  • Proxecto de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear
  • Formación en centros de traballo

Exercer a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico – forenses ou de medicina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • Técnico/a especialista en radiodiagnóstico
  • Técnico/a especialista en medicina nuclear
  • Persoal técnico en equipamentos de radiolectroloxía médica
  • Persoal técnico en protección radiolóxica
  • Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación
  • Delegado/a comercial de produtos
Máis información

Decreto 75/2016 do 28 de abril