Cursos

Módulos de atención sociosanitara a persoas en institucións

  • Modalidade: Presencial/Teleformación
  • Duración: A consultar en cada módulo
  • Tipo de curso: Módulos de Certificado de profesionalidade
  • Con este curso o alumno poderá desenvolver a súa actividade profesional no sector da prestación de servizos sociais a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente en institucións de carácter social.
Modalidade
  • Curso presencial
  • Curso de teleformación (pendente de homologación SEPE)
Homologación
  • Cada un destes módulos está homologado pola Xunta de Galicia, Conselleria de traballo e benestar e son válidos en todo o territorio nacional.
Programa
  • MF1016_2 - Apoio na organización de intervencións no ámbito insitucional. (100 horas)
  • MF1017_2 - Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións. (70 horas)
  • MF1018_2 - Intervención na atención sociosanitaria en insitucións. (70 horas)
  • MF1019_2 - Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións. (130 horas)
Requisitos de acceso
  • Graduado en Educación secundaria obrigatoria (ESO)(LOXSE e LOE)
  • 2º de BUP ou cun máximo de dúas materias pendentes entre os dous cursos.
  • Ciclo Formativo de grao medio
  • FP 1
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 anos
  • Probas de competencias clave nivel 2
  • Certificado de nivel 1 da mesma familia e área profesional
Modalidade
  • Curso presencial

Existe un cronograma para o curso onde se establece a planificación do módulo teórico/práctico.

Neste proceso de ensinanza/aprendizaxe combínanse explicacións teóricas con casos prácticos, traballos en equipos, exposicións e outros métodos de traballo en aula, ademais das avaliacións pertinentes, en base ao establecido no programa oficial publicado. (RD 1096/2011 de xullo de 2011).

Cada alumno/a debe realizar un exame por unidade formativa ou módulo formativo (aqueles que non teñan unidades formativas).

Para superar con éxito o módulo será necesario asistir como mínimo ao 75 % das horas lectivas e superar con éxito todas as avaliacións teóricas e prácticas efectuadas ao longo da acción formativa. Aqueles alumnos/as que teñan superado o módulo formativo terán unha acreditación da Consellería de Traballo e Benestar.

Diploma
  • Unha vez rematado o módulo solicitarase a Consellería de Traballo e Benestar a acreditación da acción formativa.
Contacto

Teléfono: 981 534020

E-mail: info@fesan.org

Lugar de impartición
  • FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela

MF1016_2: Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional

  • Coa realización deste módulo o alumno estará capacitado para identificar o modelo organizativo de funcionamento das institucións de atención social dirixidas a colectivos de intervención, e establecer a forma de participación na organización de actividades sociosanitarias, nunha institución social, explicando a colaboración co equipo interdisciplinar.
Modalidade
  • Curso presencial
Duración
  • 100 horas
Prezo
  • A consultar
Programa
  • UF0127 - Apoio na recepción e acollida en institucións de persoas dependentes
  • UF0128 - Apoio na organización de actividades para persoas dependentes en institucións

MF1017_2: Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións

  • Coa realización deste módulo preténdese que o alumno aprenda a adaptar e aplicar as técnicas de hixiene persoal e prevención de riscos sanitarios, analizando as características dos usuarios e identificando as condicións hixiénicas que debe cumprir o entorno dos mesmos.
Modalidade
  • Curso presencial
Duración
  • 70 horas
Prezo
  • A consultar

MF1018_2: Intervención na atención sociosanitaria en institucións

  • Coa realización deste módulo o alumno aprenderá a seleccionar e preparar os materiais e instrumentos adecuados para facilitar a observación e exploración dos usuarios, sempre de acordo ao protocolo establecido e aplicando os procedementos hixiénicos necesarios.
Modalidade
  • Curso presencial
Duración
  • 70 horas
Prezo
  • A consultar

MF1019_2: Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións

  • Coa realización deste módulo o alumno aprenderá a aplicar técnicas e estratexias de apoio e desenvolvemento de habilidades de relación sociais adaptadas ao colectivo de intervención e ao entorno.
Modalidade
  • Presencial
Duración
  • 130 horas
Prezo
  • A consultar
Programa
  • UF0129 - Animación social de persoas dependentes en institucións
  • UF0130 - Mantemento e mellora das actividades diarias de persoas dependentes en institucións
  • UF0131 - Técnicas de comunicación con persoas dependentes en institucións