Cursos

Curso de prevención de riscos laborais en atención directa a persoas dependentes

  • Modalidade: Online
  • Duración: 30 horas
  • Tipo de curso: Especialización

O obxectivo principal deste curso é describir os conceptos e técnicas básicas relacionadas coa prevención de riscos laborais no perfil profesional de atención directa a persoas en situación de dependencia.

Modalidade
Curso en liña

Duración
30 horas

Modalidade

• Curso en liña

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso porase en contacto co alumno para facilitarlle o usuario e contrasinal para acceder á plataforma de formación a través da páxina web da FESAN.
A plataforma de formación actuará como canle de comunicación entre o alumno e a contorna formativa. O curso contará cun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno durante o desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza/aprendizaxe, é o propio alumno/a quen marca o ritmo de aprendizaxe, así como as horas diarias dedicadas, dándolle así ao alumno unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno acade a cualificación de “apto” será fundamental que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como os diferentes recursos dos que dispón. Ademais, deberán realizar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións da FESAN, no prazo máximo dun mes, ou enviarase ao enderezo indicado polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

TEMA 1. CONCEPTOS BÁSICOS EN ORP
1) LEXISLACIÓN ORP
   a) LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
   b) PRINCIPIOS PREVENTIVOS
   c) OBRIGAS DO EMPRESARIO
   d) DEREITOS DO TRABALLADOR
2) LEXISLACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL
3) CONCEPTOS BÁSICOS DE SINALIZACIÓN

TEMA 2. PRINCIPAIS RISCOS LABORAIS E MEDIDAS PREVENTIVAS NO LUGAR DE TRABALLO
1) ¿CALES SON OS PRINCIPAIS RISCOS NESTE PERFIL PROFESIONAL?
   a) RISCOS ERGONÓMICOS
   b) RISCOS PSICOSOCIAIS
   c) OUTROS RISCOS RELEVANTES

TEMA 3. PLANS DE AUTOPROTECCIÓN E EMERXENCIA
1) CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE OS PLANS DE PREVENCIÓN
   a) PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
   b) PLAN DE EMERXENCIA
   c) PLAN DE EVACUACIÓN
2) ESTRUTURA DO PA E PE
   a) CONTIDOS MÍNIMOS DE PA POR NORMATIVA
3) RECOMENDACIÓNS DE ACTUACIÓN/ EVACUACIÓN DAS PERSOAS DEPENDENTES

TEMA 4. EQUIPOS DE EMERXENCIA E EPIs
1) EQUIPOS DE EMERXENCIA
   a) EXTINTORES
   b) BOCAS DE INCENDIO EQUIPADAS
2) EQUIPOS DE PROTECCIÓN PERSONAL
   a) MÁSCARAS
   b) LUVAS
   c) TOGAS

Total
50 €