Cursos

Director de Campos de Traballo

  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 50 horas teóricas e 14 días de actividade como director dun campo de traballo
  • Tipo de curso: Capacitación profesional
O curso de Director de Campos de Traballo capacita para detectar as necesidades de intervención en grupos con características específicas, dirixir, executar e avaliar accións de animación, localizar e xerar recursos para o desenvolvento da intervención programada, cordinar o equipo de monitores ou especialistas que colaboren no programa e, por último, participar nun equipo multidisciplinar que desenvolva unha actividade a gran escala.

Modalidade
presencial

Duración
50 horas teóricas e 14 días de actividade como director dun campo de traballo

Homologación
Homologado pola Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia.

Requisitos
– Estar en posesión do título de director de tempo libre
– Ter experiencia como director do equipo de animación de, alomenos, un campamento de 15 días.

Modalidade

Curso presencial:

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrícula, a data de inicio e horario do curso.

O día do inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimiento das sesións presencias e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas e de avaliación.

Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portáctil como elementos de apoio das exposicións.

Diploma

Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo da formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.

Contacto

Teléfono: 981 534020

E-mail: info@fesan.org

Lugar de impartición

FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela

Este curso necesita para a súa realización como mínimo de 15 alumnos/as e máximo 25 alumnos/as.

Total
200 €

Financiación
Posibilidade de pagamento fraccionado

1. Coa formalización da matrícula: 100 €
2. Antes de finalizar a parte teórica: 100 €