- O obxectivo deste curso e o de ensinar ao alumno como previr e que riscos ten a lexionella, como se propaga e cales son os factores de riscos.
Modalidade
- Curso presencial
- Mixto
Duración
- 25 horas (presencial)
- 10 horas (2 horas presenciais e 8 online)
- 25 horas (5 horas presenciais e 20 online)
Homologación
- Curso Homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia. Entidade Autorizada co Nº de Rexistro: 159/Ga
Modalidade
-
Curso On LineUnha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.
-
Curso presencial
Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrícula, a data de inicio e horario do curso.
O día do inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimiento das sesións presencias e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas e de avaliación.
Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portáctil como elementos de apoio das exposicións.
Diploma
- Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo da formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.
Contacto
Teléfono: 981 534020
E-mail: info@fesan.org
Lugar de impartición
- FESAN R/ Amio, 114. 15707 Santiago de Compostela
Contidos
- TEMA 1. Importancia sanitaria da lexionelose.
- TEMA 2. Ámbito lexislativo.
- TEMA 3. Criterios xerais de limpeza e desinfección.
- TEMA 4. Saúde pública e saúde laboral.
- TEMA 5. Instalacións de risco incluídas no ámbito de aplicación do real decreto 856/2003.
- TEMA 6. Identificación de puntos críticos. elaboración de programas de control.
- TEMA 7. Prácticas.
- TEMA 8. Avaliación.
Total
- A consultar
Descontos
- Formación bonificable gratuíta para traballadores