Cursos

Monitor/a de comedor escolar

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 60 horas
  • Tipo de curso: Monográfico de Escola de tempo libre
  • O obxectivo deste curso e o de ensinar ao alumno a sacar o maior partido posible ao comedor escolar, xa que é un medio idóneo para contribuir no labor educativo dos escolares nos hábitos saudables de alimentación.
Modalidade
  • Curso On Line
Duración
  • 60 horas

Modalidade

Curso On Line

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademáis deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

Contidos
  • TEMA 1. Introducción
  • TEMA 2. O comedor: outro espazo para a educación
  • TEMA 3. Características da nutrición infantil
  • TEMA 4. Educación para a saúde
  • TEMA 5. Prevención e primeiros auxilios
  • TEMA 6. Animación na escola. recursos para os tempos de patio: xogos de patio, xogos de interior e xogos tradicionais
  • TEMA 7. Exemplo de proxecto educativo de un comedor escolar
  • TEMA 8. Manipulador de alimentos
  • TEMA 9. Elaboración de un menú
  • TEMA 10. Lexislación

Total

78 €