Cursos

Sensibilización, prevención e protección das violencias sexuais no ámbito laboral

  • Modalidade: On Line
  • Duración: 50 horas
  • Tipo de curso: Monográfico de seguridade e saude

Garantir que as persoas teñan un coñecemento adecuado sobre a igualdade e o acoso para que o poidan aplicar na súa vida diaria para crear unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Formación obrigatoria tras a entrada en vigor, o 6 de outubro de 2022, da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, co obxectivo claro de previr, sensibilizar e sancionar a violencia das relacións sexuais en todos os ámbitos da sociedade.

Modalidade
Curso a distancia

Duración
50 horas

Modalidade

• Curso Online

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumno e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a o que marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumno alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
• O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno.

Contacto
• Contacto co titor
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 534020

1. Introdución
2. Lei Orgánica 10/2022 de Garantía Integral da Liberdade Sexual
3. Violencia laboral e sexual
4. Acoso sexual e por razón de sexo a partir da LO 10/2022
5. Empresas anteriores á LO 10/2022
6. Aspectos sociolaborais regulados pola LO 10/2022
7. Obrigas das empresas en materia de prevención e detección da violencia sexual
8. Dereitos e obrigas en materia laboral
9. Dereitos laborais e de Seguridade Social das vítimas de violencia de xénero
10. Medidas de prevención relacionadas co acoso sexual e de xénero
11. O reto de desenvolver un protocolo de acoso sexual
12. O traballo da formación

Total
65 €