Educación infantil

Trastornos da aprendizaxe en educación infantil e primaria

  • Modalidade: Online
  • Duración: 50 horas
  • Tipo de curso: Educación infantil

O obxetivo do curso é identificar os trastornos da aprendizaxe e traballar as diferentes técnicas de intervención relacionadas con este trastorno para a súa aplicación dentro da práctica educativa.

Modalidade
Online

Duración
50 horas

Modalidade
Curso On Line

Unha vez formalizada a matrícula, a persoa coordinadora do curso poñerase en contacto co alumnado para facilitarlle a clave de usuario e o contrasinal para acceder á plataforma “Aula Virtual” a través da páxina web de FESAN.
A aula virtual actuará como vía de comunicación entre o alumnado e o entorno de formación. O curso disporá dun titor de referencia que se encargará de informar, dinamizar e resolver as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumno/a no desenvolvemento do curso.
Neste proceso de ensinanza / aprendizaxe é o propio alumno/a quen marca o ritmo da aprendizaxe, así como as horas diarias adicadas, tendo así, o alumno/a, unha ampla flexibilidade para acadar a formación.

Diploma
• Para que o alumnado alcance a cualificación de “apto” será imprescindible que visualice os contidos de cada tema ou unidade así como diferentes recursos que están a súa disposición. Ademais deberá completar as diferentes actividades formativas e superar con éxito a avaliación do curso.
•O diploma poderá recollerse nas instalacións de FESAN, nun prazo máximo dun mes, ou enviarse á dirección indicada polo alumno/a.

Contacto
• Contacto co titor/a
E-mail: tutoriasonline@fesan.org
Teléfono: 981 522426

Tema 1. Compoñentes e estilos de aprendizaxe.
1. Estilos de aprendizaxe. Estilos cognitivos.
2. Compoñentes dunha situación de aprendizaxe. 

Tema 2. Características dos Trastornos da Aprendizaxe.
1. Clasificación no DSM-IV
2. Características diagnósticas.
3. Síntomas e Trastornos asociados.
4. Diagnóstico diferencial.

Tema 3. A aprendizaxe na Etapa de Educación Infantil.
Características de Etapa de Educación Infantil.
Problemas de aprendizaxe na etapa de Educación Infantil.

Tema 4. A aprendizaxe na Etapa de Educación Primaria.
1. Características da Etapa de Educación Primaria.
2. Problemas de aprendizaxe na etapa de Educación Primaria.

Tema 5. Algúns Trastornos da Aprendizaxe escolar e algúns signos de alarma.
1. Trastornos da lectura.
2. Trastornos da escritura.
3. Trastornos do cálculo.
4. Algúns signos de alarma ante os trastornos da aprendizaxe.

Total
50 €