O Presidente da Fundación de Estudios e Análises, Manuel Rodríguez Sedano, á esquerda na foto, acudiu esta mañá no Concello de Brión, ao acto de colocación da primeira pedra da nova residencia de atención a persoas maiores que vai estar localizada neste municipio. Neste acto, Manuel Rodríguez estivo acompañado do Alcalde de Brión, Jose Luís García García, que aparece á dereita na foto.