20 de Novembro. Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena.
O 20 de novembro celébrase o día da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena. Con tal motivo, dende a Asociación Estatal de Acollemento Familiar (ASEAF) preténdese dar visibilidade a esos máis de 14.000 nenos e nenas sitos en España que viven tutelados en diversas residencias en lugar de vivir cunha familia, sendo case invisibles por gran parte da sociedade.
Dende FESAN tamén nos unimos a esta iniciativa, celebrando o Día Nacional do Pixama, co fin de transmitir o dereito dos menores a vivir nun fogar e cunha familia creando unha cultura de acollemento.
“O Día do Pixama” é unha actividade solidaria, lúdica e educativa realizada baixo o lema “todo neno/a ten dereito a vivir nunha familia”.
Con este pixama simbolízase a intimidade familiar, resáltase a importancia da familia e dase a coñecer o acollemento familiar, recurso que otorga aos nenos/as separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de ter outra familia que os acolla, acompañe e queira.
https://www.aseaf.org/día-del-pijama/ii-día-del-pijama/