Acceso a Ciclos Medios
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Para poder concorrer á proba é necesario ter 17 anos cumpridos ou ben cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba está dividida en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.
Máis información:
- http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio
- Real Decreto 1538/2006 de 15 de decembro (BOE 03/01/2007)
- Real Decreto 1147/2011 de 29 de xullo (BOE 30/07/2011), aprazado polo Real Decreto-Lei 14/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.
Acceso a Ciclos Superiores
Para todas as persoas que queren estudar un ciclo formativo de grao superior e non cumpran os requisitos de acceso, poderán concorrer á proba específica de acceso de grao superior, sendo necesario:
- Ter 19 anos
- Ter 18 anos, para as persoas que teñen aprobado un Ciclo Formativo de Grao Medio da mesma Familia Profesional (ou Familias Profesionais afíns regulamentariamente establecidas)
A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
- Parte específica:
- Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
- Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
- Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
Na superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida.
Máis información:
- http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior
- Real Decreto 1538/2006 de 15 de decembro (BOE 03/01/2007)
- Real Decreto 1147/2011 de 29 de xullo (BOE 30/07/2011), aprazado polo Real Decreto-Lei 14/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.