Acceso a Ciclos Medios

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter 17 anos cumpridos ou ben cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba está dividida en tres partes:

  • Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  • Matemática: matemáticas.
  • Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.

Máis información:

  • http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio
  • Real Decreto 1538/2006 de 15 de decembro (BOE 03/01/2007)
  • Real Decreto 1147/2011 de 29 de xullo (BOE 30/07/2011), aprazado polo Real Decreto-Lei 14/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.

Acceso a Ciclos Superiores

Para todas as persoas que queren estudar un ciclo formativo de grao superior e non cumpran os requisitos de acceso, poderán concorrer á proba específica de acceso de grao superior, sendo necesario:

  • Ter 19 anos
  • Ter 18 anos, para as persoas que teñen aprobado un Ciclo Formativo de Grao Medio da mesma Familia Profesional (ou Familias Profesionais afíns regulamentariamente establecidas)

A proba divídese en dúas partes:

  • Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
  • Parte específica:
    • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
    • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
    • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Na superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida.

Máis información:

  • http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior
  • Real Decreto 1538/2006 de 15 de decembro (BOE 03/01/2007)
  • Real Decreto 1147/2011 de 29 de xullo (BOE 30/07/2011), aprazado polo Real Decreto-Lei 14/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.