Unha das características máis representativas da Formación Profesional é o seu contacto permanente co mundo laboral, onde os alumnos teñen unha relación directa con diversos sectores económicos da sociedade.
Por isto, FESAN busca ofrecer ao alumnado unha formación máis próxima ao mercado laboral, combinar os procesos de ensinanza e aprendizaxe nas empresas co centro de formación. Compatibilizar e alternar a formación que se adquire no centro educativo, coa actividade laboral que se leva a cabo na empresa. Todo elo, dende unha visión educativa máis práctica, centrada nas verdadeiras necesidades do sistema de aprendizaxe actual.
Para tal fin, cada un dos ciclos inclúe no seu currículo o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT). Seguindo o establecido no Real Decreto 1538/2006, ten as seguintes finalidades:
- Completar a adquisición das competencias profesionais previstas no ciclo formativo que esteas cursando.
- Adquirir coñecementos da organización produtiva.
- Contribuír ao logro das finalidades xerais da formación profesional, relacionadas coa integración en ambientes de traballo.
- Avaliar a competencia profesional do alumno, en especial aqueles aspectos que non poden comprobarse no centro educativo por esixir situacións reais de traballo.
Co mesmo, favorécese un encontro entre os centros de formación profesional e as empresas, agrupacións ou asociacións de empresas, institucións públicas ou entidades privadas, co obxectivo claro de que os alumnos e alumnas podan realizar unha formación completa de calidade.
Nesta área a experiencia nos avala. Ao longo de todos estes anos viñemos desenvolvendo máis de 200 convenios de colaboración, contando neste momento cun listado de máis de 300 entidades posibles onde desenvolver este módulo de formación, distribuídas por toda Galicia.