Estudia e traballa con nós

A Fundación de Estudios e Análises (FESAN) nace en 1997 co obxectivo de proporcionar formación que facilite a inserción laboral e o aumento da capacitación dos traballadores e traballadoras da nosa comunidade.

Así, ao longo destes anos, procuramos presentar unha oferta formativa actualizada e adaptada ás necesidades do actual mercado laboral. Neste plan presentamos unha serie de accións formativas que esperamos poidan resultar do seu interese, permanecendo á súa disposición para facilitarlle un programa adaptado ás súas necesidades.

Novas recentes

Novo curso Monitor de tempo libre NOVEMBRO 2024

  O curso de Monitor de Tempo Libre é oficial e está homologado pola Xunta De Galicia. Dará comezo o vindeiro día 18 de novembro de 2024 e finalizará o día 27 de decembro de 2024. As xornadas presenciais son de luns a venres de 15:30 a 20:30 horas no noso Centro de Santiago de Compostela.

CERTIFICADO de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

O  vindeiro día 14/11/2024 comeza o  CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. É un curso oficial e homologado. Modalidade de teleformación, solo terías que vir aos exames e a as titorías. Este Certificado de Profesionalidade otórgache  as cualificacións e competencias necesarias para traballar coidando de persoas maiores ou dependentes en Institucións Sociais, públicas ou privadas, como residencias de maiores, centros de día….