No CPR FESAN fíxose un concurso entre todos os ciclos para nomear as aulas do centro seguindo unha temática determinada. Entre as opcións das distintas aulas estaban: nomes de orquestas, prazas de santiago,personaxes históricos, animais galegos, pobos celtas, constelacións, etc.
As gañadoras do concurso foron as alumnas do CS de Laboratorio de Diagnóstico Clínico que elexiron a temática das Constelacións.
Agora as aulas de FESAN contan con nomes como: Casiopea, Andrómeda, Corvus, Pegasus, Orión…
Grazas a todos os alumn@s pola súa participación!!