MANUEL RODRÍGUEZ SEDANO ASISTE EN SERVISENIOR SANTIAGO Á PRESENTACIÓN DO LIBRO “CADROS DE RAIZAME”

Trátase dun poemario do escritor Camilo Cao Martínez e está dedicado á contorna, ao amor e aos sentimentos.

 Santiago, 16 de maio de 2017

 A residencia de persoas maiores SERVISENIOR SANTIAGO de FESAN, acolleu esta tarde a presentación do libro “Cadros de Raizame” de Camilo Cao Martínez, natural de Celanova e un dos residentes de Servisenior Santiago.

Neste acto o autor estivo acompañado de Manuel Rodríguez Sedano, Presidente de FESAN, da Directora da Residencia, Maite Fernández, do equipo de profesionais que traballan en Servisenior Santiago, así como de familiares e amigos do escritor.

Trátase dun poemario, que conta cunha dedicator ia do prestixioso escritor Xosé Neira Vilas, e que segundo expresa o autor, Camilo Cao, representa “unha disección ou biografía do amor”, que aborda dende diferentes facetas: os estados do tempo, os sentimentos, a inxustiza, a patria ou a liberdade.

Esta non é a primeira experiencia literaria de Camilio Cao, que amosa un importante torrente poético. Dende FESAN amosámonos gustosos de poder acompañar ao escritor neste acto, polo valor que a iniciativa persoal e a creatividade ten para a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e o valor exemplificante que neste caso a experiencia de Camilo Cao poder ter para outras persoas maiores.

3_IMG_20170516_1652472_IMG_20170516_131428