16 Feb 2015
ENTROIDO 2015 NO CPR FESAN

O venres celebrouse o entroido no CPR FESAN cun concurso de comparsas na que participaron todos o ciclos. Os gañadores foron os membros do CS de Educación Infantil de 2º que ían disfrazadas do “Dragón Rei”.

05 Feb 2015
OS ALUMNOS DOS CS DE ANATOMÍA PATOLÓXICA E LABORATORIO VISITAN AS INSTALACIÓNS DO CIMUS

O pasado xoves, os alumnos dos ciclos formativos de Anotamía Patolóxica e Citoloxía e de Laboratorio de Diagnóstico clínico, visitaron as instalacións do Centro Singular de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) de Santiago de Compostela. Os alumnos, que foron acompañados de dúas das súas docentes, estiveron con 3 grupos de investigación, o que lles permitiu ver o traballo que poderían realizar como técnicos ao finalizar o ciclo….

29 Dec 2014
OS ALUMN@S DO CPR FESAN II DE LUGO VISITAN OS NEN@S DA PLANTA DE PEDIATRÍA DO HULA

O alumnado do 1º curso do CS de Educación Infantil de Lugo, visitaron o xoves 18 de decembro a planta de pediatría do HULA donde, gracias á colaboración do servizo de humanización do propio hospital, abríronnos as portas para poder participar da súa programación de actividades para o nadal. Así, levamos a cabo uns teatrillos de contos clásicos como os dos “tres porquiños” e “pinocho” con modificacións máis modernas. Tanto…

02 Dec 2014
CHARLA DE PROTECCIÓN DE DATOS PARA OS ALUMN@S DO CPR FESAN

A semana pasada celebráronse no CPR FESAN dúas charlas sobre a proteción de datos, unha para os alumn@s da rama de servizos socioculturais e á comunidade e outra para os alumn@s da rama de sanidade. Esta charla, que foi impartida por David Villaverde, xerente de Versiongalega, incidiu na importancia da protección de datos tanto de cara ao futuro laboral dos alumn@s como no que respecta ao período de FCT.

04 Nov 2014
OS ALUMN@S DO CPR FESAN DE SANTIAGO E LUGO CELEBRARON O SANMAÍN

O pasado xoves celebrouse tanto no centro de Santiago coma no centro de Lugo a festa do Sanmaín. Os alumn@s de Lugo fixeron un desfile de disfraces de Sanmaín e distintos xogos relacionados. Os alumn@s de Santiago realizaron o xogo de “escribiuse un crime” escenificando e investigando un suposto de asasinato. Tanto alumnado como profesorado contribuiron na celebración do Sanmaín!!!

30 Out 2014
AS ALUMNAS DO CS DE LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO PUXERON NOME ÁS AULAS DO CPR FESAN

No CPR FESAN fíxose un concurso entre todos os ciclos para nomear as aulas do centro seguindo unha temática determinada. Entre as opcións das distintas aulas estaban: nomes de orquestas, prazas de santiago,personaxes históricos, animais galegos, pobos celtas, constelacións, etc. As gañadoras do concurso foron as alumnas do CS de Laboratorio de Diagnóstico Clínico que elexiron a temática das Constelacións. Agora as aulas de FESAN contan con nomes como: Casiopea,…

03 Out 2014
PRESENTACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2014-2015 NO CPR FESAN II EN LUGO

  Onte, día 2 de outubro celebrouse no CPR FESAN II de Lugo, a presentación do novo curso escolar 2014-2015. Contamos na presentación co Director do CIFP Politécnico de Lugo, D. Antonio Ibáñez Burgo e cas directoras das 3 escolas infantís que xestionamos en Lugo: San Fiz, Piringalla e a do hospital Lucus Augusti. Todas elas fixeron referencia á grande oportunidade que brinda FESAN ao contar co ciclo formativo de…

02 Out 2014
PRESENTACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2014-2015 NO CPR FESAN

Onte, día 1 de outubro comezou en FESAN o curso escolar 2014-2015 contando ca presenza de Mª Eugenia Pérez Fernández, subdiretora Xeral de Formación Profesional. Este ano comezamos cunha nova rama de FP, a de Sanidade, cos ciclos de: – Ciclo Superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínico – Ciclo Superior de Imaxe para o Diagnóstico – Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citoloxía – Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de…

28 Abr 2014
Celebración do FORUMCARBALLO no que participan alumnos/as do CPR FESAN

Os pasados 24 e 25 de abril celebrouse en Carballo o II Foro da Formación e a empresa, que contou con stands informativos de distintos centros de Formación Profesional, no que se atopaba o CPR FESAN, universidades e administración. Dentro deste encontro, os centros de Formación levaron distintos obradoiros para que se puidese apreciar os traballos que se realizan durante os estudos. O CPR FESAN que conta na actualidade cos…

25 Mar 2014
Premio extraordinario de FP para un alumno do CPR FESAN

Rubén Villasenín Iglesias recibiu, o pasado 14 de marzo, o premio extraordinario da FP correspondente á familia de servizos socioculturais e á comunidade pola súa excelencia académica. PARABÉNS DESDE FESAN!!