13 Nov 2014
Os alumnos do CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría do CPR FESAN foron de visita esta semana a unha clínica dental para ver as instalacións e os diferentes instrumentais e aparatos que se utilizan. Estas saídas complementan os contidos adquiridos nas nosas aulas.
04 Nov 2014
O pasado xoves celebrouse tanto no centro de Santiago coma no centro de Lugo a festa do Sanmaín. Os alumn@s de Lugo fixeron un desfile de disfraces de Sanmaín e distintos xogos relacionados. Os alumn@s de Santiago realizaron o xogo de “escribiuse un crime” escenificando e investigando un suposto de asasinato. Tanto alumnado como profesorado…
30 Out 2014
No CPR FESAN fíxose un concurso entre todos os ciclos para nomear as aulas do centro seguindo unha temática determinada. Entre as opcións das distintas aulas estaban: nomes de orquestas, prazas de santiago,personaxes históricos, animais galegos, pobos celtas, constelacións, etc. As gañadoras do concurso foron as alumnas do CS de Laboratorio de Diagnóstico Clínico que…
03 Out 2014
Onte, día 2 de outubro celebrouse no CPR FESAN II de Lugo, a presentación do novo curso escolar 2014-2015. Contamos na presentación co Director do CIFP Politécnico de Lugo, D. Antonio Ibáñez Burgo e cas directoras das 3 escolas infantís que xestionamos en Lugo: San Fiz, Piringalla e a do hospital Lucus Augusti. Todas…
02 Out 2014
Onte, día 1 de outubro comezou en FESAN o curso escolar 2014-2015 contando ca presenza de Mª Eugenia Pérez Fernández, subdiretora Xeral de Formación Profesional. Este ano comezamos cunha nova rama de FP, a de Sanidade, cos ciclos de: – Ciclo Superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínico – Ciclo Superior de Imaxe para o Diagnóstico…
22 Ago 2014
O CPR FESAN de Santiago, xa conta con novos Ciclos de Formación Profesional da Familia de sanidade homologados pola Xunta de Galicia (publicados no DOG num 152 do 12 de agosto de 2014) que se impartirán nas novas instalacións da Calle de Amio 114.